Iniciativas e proxectos europeos

A participación en proxectos europeos é unha liña de traballo á que a Axencia de Coñecemento en Saúde dedica importantes esforzos para:

  • Aproveitar sinerxías na obtención de coñecemento con outras rexións en áreas de interese común.
  • Abrir novas oportunidades de colaboración internacional con partners que comparten as prioridades de innovación sanitaria de Galicia.
  • Proxectar cara o exterior as capacidades e potencialidades do Sistema Galego de Saúde nos ámbitos nos que pode actuar como referente a nivel europeo, como é o caso de envellecemento activo.​

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.