Proxectos europeos

A Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria persegue a promoción da innovación que se está a realizar no sistema sanitario a nivel internacional, principalmente promovendo a participación e liderado de proxectos europeos e internacionais por parte de ACIS.

A participación de proxectos europeos aporta novos coñecementos para avanzar na sustentabilidade do sistema, así como o acceso a unha rede de contactos mais ampla. A través dos proxectos europeos entrase en contacto con mais empresas innovadoras, mais centros tecnolóxicos e de I+D+i que poden dar resposta a demandas dos noso sistema e tamén permite o desenvolvemento de proxectos en colaboración con outras administracións sanitarias de ámbito europeo.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.