Regions4PerMed

Interregional Coordination for a fast and deep uptake of Personalised Health
 
A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) en colaboración co Servizo Galego de Saúde e coa Consellería de Sanidade, participa en calidade de socio no proxecto REGIONS4PERMED. REGIONS4PERMED enmárcase no programa H2020 como accións de apoio (CSA) ao Consorcio Internacional de Medicina Personalizada baixo a convocatoria con referencia SC1-HCO-2018-2019-2020, e céntrase en aspectos rexionais.
 
REGIONS4PERMED busca establecer un diálogo continuo entre a comunidade europea de Medicina Personalizada. Reúne ós responsables da toma de decisións (autoridades rexionais) e as partes interesadas en talleres e conferencias intersectoriais e interrexionais organizados sobre cinco áreas temáticas clave.
 
Perséguense os seguintes Obxectivos Específicos:
  • Organizar o diálogo técnico entre rexións en torno a cinco áreas estratéxicas clave e a través de cinco talleres temáticos.
  • Proporcionar un Plan de Acción final das áreas estratéxicas.
  • Establecer un HUB de iniciativas e asociacións europeas sobre Medicina Personalizada (PerMed HUB).
  • Contribuír á realización do Plan de Acción de IC PerMed.
  • Proporcionar directrices en forma de Informes ás autoridades rexionais sobre como a Medicina Personalizada pode impulsar as economías locais e manter a UE competitiva.
  • Proporcionar directrices en forma de Informe sobre como abordar a Medicina Personalizada dentro das Estratexias de Especialización Intelixente.
  • Crear e manter unha base de datos de proxectos e programas en saúde personalizada innovadora de investigación / innovación / programas de monitoreo e proxectos que se poidan replicar facilmente noutros lugares.

REGIONS4PERMED.PNG

Socios do proxecto:
  • Fondazione Toscana Life Sciences TLS
  • Sachsisches Staatsministerium fur Wissenschaft und Kunst SMWK
  • Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde ACIS
  • Urzad Marszalkowski Wojewodztwa Dolnoslaskiego UMWD
  • Fondazione Regionale per la Ricerca Biomedica FRRB
  • Uniwersytet Medyczny im Piastow Slaskich we Wroclawiu WMU

Orzamento total: 1.677.500,00 EUR
Páxina web do proxecto: www.regions4permed.eu

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.