Institutos de investigación sanitaria

ACIS desenvolve a súa labor nun marco de colaboración cos axentes de investigación sanitaria de Galicia, co obxectivo de:

  • Crear as condicións precisas para o axeitado artellamento do Sistema de I+D+i galego no eido sanitario.
  • Garantir o soporte necesario nas súas áreas científicas para acadar a excelencia nas liñas de investigación xa abertas e poñer en marcha outras novas.
  • Proporcionarlles as ferramentas necesarias para que os seus resultados teñan o máximo impacto posible na saúde das persoas.
  • Facilitar a chegada ao mercado dos resultados de investigación con maior potencial práctico.

A ACIS correspóndelle a vertebración de todos os axentes que realizan esforzos de investigación en saúde dende puntos repartidos por toda Galicia.​

 

Comunidade de investigadores

Máis de 1.100 investigadores de áreas de coñecemento moi diversas desenvolven a súa actividade científica nos hospitais e centros de saúde galegos. Todos eles contan co apoio de ACIS para avanzar nas súas liñas de investigación actuais e futuras con:
  • Un nivel de excelencia científica en continuo ascenso.
  • Unha capacidade de transferencia de resultados cada vez maior.

Os indicadores de investigación en saúde en Galicia son o resultado da implicación e a calidade do traballo desenvolvido pola comunidade científica:​

Grupos de investigación. Os grupos dos institutos de investigación sanitaria integran a profesionais procedentes dos ámbitos académico e clínico nun espazo común para facilitar a transferencia dos seus resultados científicos á práctica asistencial.

Grupos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)

Grupos do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS)

Grupos do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC)​​​​​​

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.