Rede Galega de Biobancos

Un biobanco é un establecemento público ou privado sen ánimo de lucro que acolle unha colección de mostras biolóxicas concibida con fins diagnósticos ou de investigación biomédica e organizada como unha unidade técnica baixo criterios de calidade, orde e destino.

Estas mostras, unha vez recollidas, procesadas, almacenadas e xestionadas, póñense a disposición dos investigadores para o seu uso na obtención de novos coñecementos científicos. O seu funcionamento regúlase no Real Decreto 1716/2011, do 18 de novembro.

En Galicia existen catro biobancos adscritos ao Sergas, todos eles inscritos no Rexistro Nacional de Biobancos. Están situados en Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Lugo.​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.