Redes de Comités de Ética da Investigación

A Rede Galega de Comités de Ética da Investigación está formada polo comité autonómico (CEImG) e tres comités territoriais encargados da valoración ética, metodolóxica e legal de todo estudo de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico e os seus datos de carácter persoal.
 
Os comités desenvolven as súas funcións segundo os procedementos normalizados de traballo (PNT) adaptados á lexislación vixente e ás normativas internacionais sobre investigación en seres humanos
 
Os seus membros teñen a cualificación e experiencia necesarias sobre os aspectos metodolóxicos, médicos, científicos, éticos e legais da investigación, a farmacoloxía e a práctica clínica asistencial en medicina hospitalaria e extrahospitalaria.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.