EUnetHTA

EUnetHTA Joint Action 3 é unha rede colaborativa de axencias e organismos públicos de avaliación de tecnoloxías sanitarias (ATS) en Europa, financiada pola Comisión Europea.

Ver máis en Youtube.

EUnetHTA Joint Action 3 é unha acción conxunta en ATS, financiada pola Unión Europea baixo o Programa de Saúde, a través dunha rede colaborativa de axencias e organismos públicos de ATS en Europa. Esta JA3 foi concebida como o órgano científico-técnico da cooperación europea en avaliación de tecnoloxías.

A EUnetHTA JA3 comenzou oficialmente en maio de 2016 e actualmente está en período de prorroga ata xuño de 2021. Avalia-t forma parte de la EUnetHTA Joint Action 3 (2016-2019). Consulta aquí as axencias que forman parte da JA3.

A finalidade desta cooperación é aumentar o uso, a calidade e a eficiencia do traballo conxunto en ATS a nivel europeo e sustentar a selección sostible e equitativa das prestacións sanitarias, asegurando a reutilización dos informes e outros produtos de ATS a nivel nacional e rexional. As accións definidas no plan de traballo para esta JA3 son:

  • ​​Aumentar a produción de traballos colaborativos de ATS, incluíndo informes de avaliación, guías e outras iniciativas científicas.​​​​
  • Promover a xeneración de evidencia apropiada para a ATS, incluíndo a asesoría científica aos fabricantes a nivel da UE.
  • Asegurar a calidade científica e promover a reutilización dos traballos a nivel nacional e internacional.
  • Manter actualizadas as ferramentas de apoio, capacitación e comunicación.
  • Proporcionar soporte administrativo.
  • Establecer os procesos de traballo entre os membros participantes, incluíndo os cambios na regulamentación que poderían ser necesarias para a sostenibilidade financieira.
​​Avalia-t participa nesta acción conxunta a través de dúas liñas de traballo concretas:

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.