Ecosistema de coñecemento en saúde

ACIS, xunto co Sergas, os institutos de investigación biomédica e as fundacións sanitarias, funciona como núcleo do ecosistema galego de coñecemento en saúde.

Neste ecosistema, o papel da Axencia de Coñecemento en Saúde é promover, dinamizar e dar soporte ás relacións entre os centros de investigación, o tecido empresarial e os axentes de apoio para garantir a adecuada circulación do coñecemento e a súa posta en valor de cara ao paciente e ao mercado.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.