CODIGOMAIS

Crecemento intelixente a través dunha cooperación transfronteiriza para o impulso da Innovación.

O proxecto CODIGOMAIS foi aprobado no marco da primeira convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O obxectivo de CODIGOMAIS é a creación dun Ecosistema Transfronteirizo (Galicia- Norte de Portugal) de innovación en saúde que favoreza a interrelación entre os principais actores públicos e privados, fomentar as capacidades e estimular o funcionamento dun polo de competitividade de excelencia relacionado co sector da saúde.

O Ecosistema permitirá a integración entre todos os actores do sector da saúde da área de Cooperación, favorecendo en particular o encontro e a coordinación entre a demanda de servizos dos usuarios finais (pacientes, familiares e profesionais), as políticas de impulso á innovación das administracións rexionais, a oferta de coñecemento e tecnoloxía dos centros tecnolóxicos e a súa explotación no mercado por parte das empresas.

A creación deste círculo virtuoso favorecerá a orientación ao mercado e a creación dun marco de cooperación de excelencia, a atracción de capital privado e o reforzo dunha imaxe de marca que busca á internacionalización dos participantes do Ecosistema.

codigomais.png

Socios:
  • Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)
  • Universidade de Santiago de Compostela (USC) y Universidade de Vigo (UVigo)
  • Cluster Saúde de Galicia (CSG)
  • Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA)
  • International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL)
  • Health Cluster Portugal-Associacao do Pólo de Competitividade da Saúde (HCP)
  • Universidade do Porto (FMUP)
  • Centro Clínico Académico Braga (2CA-Braga).

Orzamento: 2.288.893€
Páxina web: www.codigomais.eu

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.