O vangardista modelo de compra pública innovadora promovido polo Sergas foi pioneiro no seu momento en España e é na actualidade un referente a nivel europeo.
A aposta por esta fórmula baséase nos importantes beneficios tanto para o Sistema Galego de Saúde como para o tecido empresarial:
- Mellora dos servizos públicos sanitarios a través da incorporación de bens ou servizos innovadores.
- Fomento da innovación empresarial, principalmente das pequenas e medianas empresas.
- Pulo á internacionalización e comercialización da innovación, empregando o mercado público local como cliente de lanzamento ou referencia.
As iniciativas
InnovaSaúde e Hospital 2050 (H2050) son casos de éxito recoñecidos de pulo á innovación dende a administración co obxectivo combinado de dinamizar o mercado e de mellorar a prestación de servizos públicos, tanto na modalidade de compra pública precomercial como na de compra pública de tecnoloxías innovadoras. Co aval do coñecemento e a experiencia acumulados grazas a estas dúas iniciativas, o Servizo Galego de Saúde, a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, continúa o compromiso con ambiciosos proxectos como
Código100,
INNOVATRIAL e outros, nos que están chamados a participar todos os axentes interesados en formar parte do futuro da sanidade galega.
PREMIADOS