Avalia-t

A Unidade de Asesoramento Científico-técnico (Avalia-t), é a área da ACIS encargada de garantir que a toma de decisións no Sistema Público Galego de Saúde se realiza da maneira o máis obxetiva posible e fundamentada na mellor información dispoñible.
 
Elabora os seus informes mediante unha sistemática específica, baseándose nunha análise exhaustiva da literatura científica, cunha metodoloxía que garante uns resultados rigurosos e fiables, tratando de evitar sesgos nas recomendacións propostas.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.