CIRCE

CIRCE Joint Action Transfer of Best Practices in Primary Care

O Servizo Galego de Saúde a través da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria xunto coa Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) forman parte do proxecto europeo CIRCE destinado á transferencia e implantación de boas prácticas na atención primaria.

O proxecto o conforman un total de 49 socios entre os que destacan servizos de saúde, organizacións e entidades afiliadas de 14 Estados membros. A súa finalidade é transferir e implantar boas prácticas levadas a cabo na atención primaria de 4 estados membros (Bélxica, España, Portugal e Eslovenia) entre os 12 países participantes restantes.

As boas prácticas obxecto de transferencia foron seleccionadas pola Comisión Europea na  convocatoria lanzada en decembro de 2020, na que buscaba recopilar accións levadas a cabo nos servizos de atención primaria. En concreto as seis boas prácticas seleccionadas foron:

  1. Integrated Health Association – Valonia, Bélxica
  2. TELEA: Home telemonitoring in Primary Care for chronic disease and Covid-19 – Galicia, España
  3. Integrated care for complex chronic patients in Andalusia (Spain): Personalised care action plans (PAPs) – Andalucía, España
  4. Essencial Project: Adding value to clinical primary care practice – Cataluña, España
  5. ‘Health Action for Children and Youth at Risk’ & ‘Health Action for Gender, Violence and Lifecycle’ – Portugal
  6. Health Promotion Centres (HPCs) – Eslovenia

Esta iniciativa europea ten unha duración de 3 anos nos que se levarán a cabo diversas actividades destinadas a fomentar o intercambio de coñecementos, tales como workshops, visitas e desprazamentos de persoal, cursos, programas de formación, etc. Ademáis, desenvolveranse actividades piloto que replicarán as boas prácticas para monitorizar a súa posible implantación nos sistemas sanitarios dos socios interesados.

Obxectivos do proxecto CIRCE:

  • Transferir e implantar as boas prácticas seleccionadas entre os estados membros participantes
  • Apoiar o proceso de transferencia a centros piloto
  • Mellorar a capacidade para implantar modelos e prácticas asistenciais na Atención Primaria
  • Crear unha comunidade de socios que inclúa expertos en asistencia sanitaria, lexisladores, investigadores e usuarios
  • Facilitar o desenvolvemento de plans de acción a nivel local, rexional e nacional para implantar de forma sostible as boas prácticas
  • Avaliar a transferencia e proceso de implantación das boas prácticas.

Orzamento total: 12.218.074,07 EUR

Páxina web do proxecto: https://circeja.nfz.gov.pl/

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.