
A
innovación aberta é un compoñente fundamental do Sistema Europeo de innovación, onde todas as partes interesadas deben de participar e crear unha interacción fluída e combinar as ideas dos sistemas de innovación. Baséase no modelo de
Cuádrupla Hélice onde as administracións públicas, a industria, a academia e a sociedade traballan xuntos para co-crear o futuro e impulsar cambios estruturais máis aló do alcance do que calquera organización ou persoa podería facer só.
A participación dos usuarios no proceso de innovación favorece o desenvolvemento de bens e servizos máis acorde ás súas necesidades. Os Living Lab constitúen unha aproximación á innovación aberta impulsada polos usuarios, creando unha contorna para a co-creación e experimentación coa activa participación dos usuarios desde etapas temperás do ciclo de innovación.
Con este obxectivo, o Servizo Galego de Saúde pon en marcha a
Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE), comezando a súa andaina a través do
Living Lab de Ourense. LABSAÚDE xorde como mecanismo facilitador para a creación e posta en marcha de proxectos innovadores nunha contorna no que interactúan múltiples axentes, para dar resposta a necesidades reais detectadas en Sistema de Saúde de Galicia.