Transparencia e Bo Goberno

O 15 de febreiro de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia a Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. A crecente exixencia cidadá de control público da actividade das institucións, así como a necesidade de adaptar as leis existentes en Galicia ao novo marco legal derivado da aprobación de nova lexislación básica, concretamente a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, aconsellaron a aprobación deste novo texto, unha nova norma que integra toda a regulación referida á rendición de contas dos poderes públicos galegos.​​​
​​​​​​​​​​​
Transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia
Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA)

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.