Formación continuada

A formación continuada dos profesionais do Sistema público galego de saúde é unha prioridade para a ACIS. A actualización permanente das competencias para a práctica sanitaria é imprescindible para acadar o noso obxectivo esencial: mellorar o coidado dos pacientes a través do coñecemento.

Os principios que rexen a xestión da formación continuada por parte da Axencia de Coñecemento en Saúde son:
  • Deseñar e renovar de maneira continuada unha oferta de actividades que acheguen valor aos profesionais de todas as áreas e especialidades a través de coñecemento aplicable á súa práctica diaria.
  • Manter aberta con carácter permanente unha canle de comunicación cos profesionais para recoller as súas demandas de formación co obxectivo de que esta responda efectivamente ás súas necesidades.
  • Mellorar a capacidade de todos os profesionais, independentemente das súas funcións, para a xestión, a adaptación e o liderado nos procesos de transformación que permiten que o sistema de saúde evolucione de forma áxil e efectivo.
  • Incrementar a calidade e a competitividade do conxunto do sistema de saúde a través da mellora da produtividade e das competencias de cada un dos seus profesionais.
  • Intensificar a motivación e o nivel de compromiso das persoas que traballan ao servizo do sistema sanitario.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.