EIP on AHA

EIPonAHA_carrusel.png
A Comisión Europea recoñece a Galicia como Reference Site con catro estrelas, das catro posibles, no desenvolvemento e a adopción de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable no marco da iniciativa estratéxica European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing (EIP on AHA).
 
O recoñecemento enmárcase dentro da cuarta convocatoria de Reference Sites 2022. Na súa primeira edición en 2013, Galicia foi recoñecida coma Reference Site con 2 estrelas e recibiu unha das cinco mencións de honra dadas pola Comisión para reflectir os logros conseguidos pola nosa historia clínica electrónica tanto en resultados como en integración. Posteriormente, na seguinte convocatoria en 2016, Galicia logrou 3 estrelas das catro posibles, logrando en 2019 o máximo galardón con 4 estrelas que conseguiu revalidar.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.