Prácticas de grao e máster

A formación universitaria dos futuros profesionais do Sistema Galego de Saúde complétase con programas de prácticas externas, co obxectivo de que poidan coñecer os ambientes reais de traballo e desenvolver as súas competencias na asistencia a pacientes e nas tarefas de xestión, sempre baixo a tutela de profesionais experimentados.

A ACIS xestiona os numerosos programas de prácticas desenvolvidos en colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e universidades non só galegas, senón tamén do resto de España e outros países.

En xeral, as bases para a realización destas prácticas establécense nos convenios de colaboración asinados entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e as universidades correspondentes. Neles establécense criterios homoxéneos para o desenvolvemento e avaliación das prácticas.

No caso de solicitudes de prácticas con carácter ocasional por parte de universidades de fóra de Galicia, aplícase o establecido na Orde do 13 de novembro de 2007.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.