United4Health

UNIversal solutions in Telemedicine Deployment for Europan HEALTH care

Esta iniciativa busca desenvolver solucións universais en telemedicina para o coidado da saúde en Europa. Os servizos TIC resultantes serán de utilidade para a xestión de enfermos crónicos na súa contorna doméstica.

Os proxectos piloto centraranse na xestión de diabetes a longo prazo, o control remoto da insuficiencia cardíaca conxestiva e o seguimento a curto prazo de pacientes con enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) despois da alta hospitalaria. A participación da Consellería de Sanidade supón a monitorización de arredor de 500 pacientes das sete Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) do Sergas neste último proxecto piloto.

Micro_5-United4Health_GA_810x169.png 
Máis información:

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.