Apoio ao investigador

A Axencia de Coñecemento en Saúde conta cun equipo de apoio ao investigador que, en coordinación cos demais axentes do ecosistema de saúde, actúa como punto de referencia para a planificación, promoción, coordinación e avaliación dunha investigación sanitaria de calidade en Galicia.

Os servizos que a Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria da ACIS pon á disposición dos investigadores para orientalos na cobertura das súas necesidades son:

  • Asesoramento en trámites administrativos e de xestión.
  • Difusión de información sobre opcións de financiamento a través de convocatorias públicas xestionadas polo Servizo Galego de Saúde e pola ACIS.
  • Intermediación con axencias públicas de financiamento.
  • Coordinación con outros axentes de investigación.
  • Información e seguimento de axudas para contratación de recursos humanos en investigación e proxectos xestionados polo Servizo Galego de Saúde e pola ACIS.
  • Acceso a disposicións legais e documentos de interese estratéxico en materia de investigación.
  • Información e ferramentas que faciliten a integración dos investigadores no Sistema Público de Saúde de Galicia.
  • Xestión de recursos humanos en investigación.

Se precisas contactar con nós, pódesnos escribir a soporte.investigador.acis@sergas.es ou contactarnos por teléfono no 981 568 054.

​ ​​​​​​​​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.