Formación sanitaria especializada

A formación especializada en ciencias da saúde ten carácter regulado e oficial. O seu obxectivo é dotar os profesionais sanitarios dos coñecementos, técnicas e habilidades propios da especialidade que elixiran, garantindo unha elevada calidade asistencial e unha atención ao usuario integral e eficiente. O título de especialista ten validez en todo o territorio do Estado español.

Os programas formativos de especialistas en ciencias da saúde son elaborados pola Comisión Nacional da especialidade correspondente e aprobados polo Ministerio de Sanidade. Neles establécense os obxectivos e as competencias a adquirir polo especialista en formación a través dos cursos contemplados no programa.

A convocatoria para o acceso a prazas de formación sanitaria especializada é realizada con carácter anual polo Ministerio de Sanidade.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.