Rexístrate na conferencia online “Innovation flow in the healthcare” os días 13 e 14 de xullo dentro do proxecto europeo Regions4PerMed

Os próximos días 13 e 14 de xullo terá lugar en ACIS a conferencia “Innovation Flow in the Healthcare”, contaremos con expertos de toda Europa que abordarán os principais retos e barreiras no impulso da investigación e innovación para implantar a medicina personalizada nos sistemas sanitarios.

A medicina personalizada supón a posibilidade de realizar diagnósticos rápidos e eficientes directamente dirixidos aos pacientes, permitindo crear un sistema sanitario sostible e eficiente. O obxectivo desta conferencia é fomentar que a medicina personalizada se estableza no sistema sanitario rexional mediante diversos enfoques.

Por iso, na conferencia tratáranse estratexias tan relevantes como os modelos de investigación e innovación para promover a innovación ou os instrumentos financieiros, tales como, a compra pública innovadora ou a compra pre-comercial para impulsar o desenvolvemento e o acceso de novas tecnoloxías, servizos ou productos innovadores nos sistemas sanitarios ou incluse a creación de hospitais intelixentes.

Máis información e inscripcións: regions4permed.eu/eventi/innovation-flow-in-the-healthcare-conference/

Máis información

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.