Rexístrate na conferencia online “Achegar a medicina personalizada aos cidadáns: o papel das rexións europeas” do día 22 de marzo no marco do proxecto Regions4PerMed

A Medicina Personalizada permite á asistencia sanitaria converterse nun sistema preventivo, personalizado e preditivo, no canto dun sistema reactivo. Mediante a xeración de novos coñecementos sobre a bioloxía das enfermidades, fomentando tecnoloxías que integren de ciencias ómicas e bioloxía molecular, permite identificar enfermidades antes de que se produzan.
 
Grazas á Medicina Personalizada, a asistencia sanitaria pode ofrecer mellores tratamentos e diagnósticos máis sustentables aos pacientes. Considerando o envellecemento da poboación en Europa, isto é especialmente relevante, xa que a xestión da morbilidade supón un gasto para os nosos sistemas.
 
A Medicina Personalizada, ademais, conleva unha vantaxe inmensa para os cidadáns, sanidade e industria que permitirá á Unión Europea seguir sendo competitiva a escala mundial.
 
Cabe destacar que a colaboración entre os responsables políticos locais e rexionais, é un elemento crave para que a Medicina Personalizada desenvolver todo o seu potencial. De feito, as autoridades rexionais están estreitamente conectadas coas súas comunidades científicas, innovadoras e médicas, coñecen perfectamente a estrutura epidemiolóxica da súa poboación e, por tanto, poden deseñar e aplicar medidas políticas eficaces.
 
Con todo, segue sendo necesaria a cooperación entre as autoridades rexionais para coordinar e impulsar mellor a Medicina Personalizada, sendo clave informar e interactuar coas rexións e os seus responsables para promover investimentos e reformas de forma coordinada en Europa.
 
Por iso, o consorcio Regions4PerMed apoia o compromiso das rexións da Unión Europea coa Medicina Personalizada organizando o evento "Achegar a medicina personalizada aos cidadáns: o papel das rexións europeas", na Delegación da Rexión de Lombardía na UE, en Bruxelas, o próximo 22 de marzo de 2022 ás 14:00, co obxectivo de mostrar o gran potencial que ten a Medicina Personalizada e aumentar o compromiso das rexións para a súa implantación.
 
O evento terá formato híbrido, onde os relatores xunto cos socios do proxecto Regions4PerMed estarán de forma presencial e a audiencia conectarase virtualmente.
 
Estarán presentes neste evento, membros do Parlamento Europeo, autoridades rexionais, asociacións de pacientes, a Comisión Europea, o Consorcio Internacional de Medicina Personalizada e outras partes interesadas.

Programa

    • 14.00-14.30 Benvida e rexistro
    • 14.30-14.35 Gianni D'Errico: Coordinador do proxecto Regions4PerMed, Fondazione Toscana Life Sciences (Italia)
    • 14.35-14.45 Luigi Cajazzo: Director Xeral da Fundación de Investigación Biomédica (Italia) 
    • 14.45-14.55 Sebastian Gemkow: Ministro Rexional de Ciencia, Cultura e Turismo, Estado Federado de Sajonia (Alemaña)
    • 14.55-15.00 Julio García Comesaña: Conselleiro de Sanidade (España)
    • 15.00-15.15 Simona Bonafè: Membro do Parlamento Europeo (Italia)
    • 15.15-15.30 Tomislav Sokol: Membro do Parlamento Europeo (Croacia)
    • 15.30-15.45 Carmen Laplaza Santos: Directora da Unidade de Innovación e Ecosistemas da Comisión Europea (Bélxica)
    • 15.45-16.00 Ejner Moltzen: Presidenta de ICPerMed - Consorcio Internacional de Medicina Personalizada (Dinamarca)
    • 16.00-16.15 Bettina Ryll: Rede Europea de Pacientes de Melanoma e membro do Consello de Misión do Cancro da UE (Bélxica)
    • 16.15-16.45 Debate Xeral de como aliñar e coordinar as accións do Parlamento Europeo, Comisión Europea e autoridades rexionais na implantación de Medicina Personalizada
 
 
Os relatores presentarán as estratexias en Medicina Personalizada, o tempo de duración estimado é de dúas horas. Despois das presentacións discutirase sobre as cuestións expostas durante o evento.
 
 
Rexistro ao evento: Se está interesado neste evento, faga click no seguinte Link, e cubra cos seus datos o formulario do apartado "How to connect: Registration"
 
 
Regions4PerMed
 
O proxecto busca establecer un diálogo continuo entre a comunidade europea de Medicina Personalizada.
Socios do proxecto:
    • Fondazione Toscana Life Sciences TLS
    • Sachsisches Staatsministerium fur Wissenschaft und Kunst SMWK
    • Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde ACIS
    • Urzad Marszalkowski Wojewodztwa Dolnoslaskiego UMWD
    • Fondazione Regionale per a Ricerca Biomedica FRRB
    • Uniwersytet Medyczny im Piastow Slaskich we Wroclawiu WMU
Orzamento total: 1,7 M. €
Páxina web do proxecto: www.regions4permed.eu

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.