Galicia participa na conferencia sobre o papel das rexións europeas para achegar a medicina personalizada aos cidadáns organizada no marco do proxecto Regions4PerMed en Bruselas

  • Asistiron autoridades rexionais e membros do Parlamento Europeo, da Comisión de Europea e do Consorcio Internacional de Medicina Personalizada (ICPerMed) para debater sobre o compromiso dos poderes públicos de impulsar estratexias de medicina personalizada nos sistema sanitarios europeos.
  • A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde é socio do proxecto xunto con outros cinco institucións da Toscana e Lombardía en Italia, Sajonia en Alemaña e Baixa Silesia en Polonia.

Bruxelas, 22 de marzo de 2022.- O Conselleiro de Sanidade interveu hoxe na conferencia celebrada hoxe en Bruxelas baixo o título "Achegar a medicina personalizada aos cidadáns: o papel das rexións europeas", organizada polos socios do proxecto Regions4PerMed do que a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde é socio.

O evento comezou coa benvida por parte da Fundación de Investigación Biomédica da Rexión de Lombardía organizador da Conferencia na súa sede institucional en Bruxelas, dando paso ás intervencións das autoridades rexionais en sanidade de Baixa Sajonia (Alemaña) e Galicia. Durante a intervención, o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, describiu a ampla experiencia do Servizo Galego de Saúde en medicina personalizada, destacando a historia clínica electrónica única do Sergas xunto co sistema de receitas, a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica como un dos centros de referencia do programa IMPaCT coordinado polo Dr. Ángel Carracedo, a creación dun centro de produción de terapias avanzadas (CAR-T), ou o papel de Galicia como rexión pioneira na compra pública de innovación a través de proxectos como Código 100 ou Innova MicroLab.

Tamén participaron no evento diversos membros das principais institucións Europeas, en particular, do Parlamento Europeo e da Comisión Europea. E contou con representantes do Consorcio Internacional de Medicina Personalizada (ICPerMed) e o da Rede Europea de Pacientes de Melanoma, coa finalidade de mostrar o gran potencial que ten a Medicina Personalizada e aumentar o compromiso das autoridades tanto europeas como rexionais na súa implantación nos sistemas sanitarios para beneficio da poboación.

Regions4PerMed

O proxecto ten como misión coordinar as políticas rexionais e programas de innovación en medicina e asistencia sanitaria personalizadas para promover e acelerar o uso da medicina e asistencia personalizada nos pacientes. Conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros e conta con seis socios europeos, a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde en Galicia, a Fondazione Regionale per a Ricerca Biomedica en Lombardia e a Fondazione Toscana Life Sciences en Toscana, ambas as en Italia, o Sachsisches Staatsministerium fur Wissenschaft und Kunst en Sajonia de Alemaña, e a Urzad Marszalkowski Wojewodztwa Dolnoslaskiego e a Uniwersytet Medyczny Im Piastow Slaskich We Wroclawiu ambas en Baixa Silesia en Polonia.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.