10. Informes de seguimento

O promotor e/ou investigador principal do estudo debe remitir, cunha periodicidade mínima anual, un informe de seguimento, sen prexuízo de que o comité de ética da investigación correspondente poida solicitar informes cunha periodicidade inferior. Ademais, debe remitir o informe final de resultados cando estea finalizado.

Co obxectivo de obter unha información o máis semellante posible dos diferentes estudos de investigación, elaborouse un formulario que serve como modelo para a elaboración dos informes de seguimento.

Os informes de seguimento (anual e de seguridade) e o informe final deben ser enviados a través do correo electrónico ceic@sergas.es e, no caso de ensaios clínicos con medicamentos, a través do portal de ensaios clínicos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS).

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.