Impulso da integración do ecosistema de I+D+i en saúde rexional para a adopción de solucións avanzadas
TRANSFIRESAÚDE é un proxecto liderado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde coa colaboración do Servizo Galego de Saúde, cunha duración de 3 anos aproximadamente (ata setembro 2026).
O proxecto aposta polo reforzo da integración do ecosistema de investigación e innovación en saúde eurorrexional para o desenvolvemento de actuacións conxuntas para abordar os retos vinculados ao envellecemento activo e saudable e a medicina personalizada, preferentemente na contorna da atención primaria.
Socios:
- Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) - Coordinador do proxecto
- Universidade de Vigo
- Centro de Investigación en Tecnoloxías de Innovación (CITIUS)
- Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín
- i3S-Instituto de Investigação e Inovação em Saúde da Universidade do Porto
- Centro Clínico Académico-Braga, Associação (2CA-Braga)
- ACMP5 - Associação Centro de Medicina P5
- INESC TEC - Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores, Tecnologia e Ciência
- Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Orzamento total: 1.821.137,64 EUR