A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde organiza a reunión de lanzamento do proxecto TRANSFIRESAÚDE no marco do programa POCTEP

 

  • O proxecto impulsará a integración do ecosistema de I+i en saúde eurorrexional para a adopción de solucións avanzadas no marco do envellecemento activo e saudable.
  • Este novo paradigma aproveitará o potencial da cooperación para acadar o ecosistema de innovación, científico e tecnolóxico, potenciando a creación de redes de cooperación territorial.


Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023.- O día 7 de novembro tivo lugar nas dependencias da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) a primeira reunión do Comité de Seguimento do proxecto TRANSFIRESAÚDE de forma presencial e telemática.

O proxecto TRANSFIRESAÚDE está composta por diferentes entidades que representan á Eurorrexión de Galicia – Norte de Portugal. O Comité de Seguimento estivo conformado polas seguintes institucións:

  • Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)- Coordinador do proxecto
  • Universidade de Vigo
  • Centro de Investigación en Tecnoloxías de Innovación (CITIUS)
  • Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín
  • i3S-Instituto de Investigação e Inovação em Saúde da Universidade do Porto
  • Centro Clínico Académico-Braga, Associação (2CA-Braga)
  • ACMP5 - Associação Centro de Medicina P5
  • INESC TEC - Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores, Tecnologia e Ciência

ACIS e os socios asistentes iniciaron unha primeira toma de contacto, analizando principalmente as condicións normativas, contractuais e orzamentarias do proxecto, xunto coa análise das actividades e prazos de execución previstos que corresponden a cada un dos participantes.

Desta forma, fixáronse as principais liñas de actuación a seguir, ademais de aproximar datas para as seguintes reunións de seguimento co obxectivo de impulsar e reforzar a innovación no eido da intelixencia artificial para abordar o envellecemento activo e saudable, en especial, en materia da atención primaria para a Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.