Liñas de innovación

 
No marco do Living Lab de Ourense, defínense seis liñas de innovación prioritarias, centradas no paciente e reforzadas coas posibilidades que ofrecen os distintos espazos para a innovación e a aplicación de solucións alternativas ás convencionais para estudar a súa efectividade nunha contorna real onde os usuarios finais (profesionais sanitarios, pacientes e/ou familiares) formarán parte integrante no desenvolvemento e validación de prototipos. Estas seis liñas de innovación son:
 
1. Atención ao paciente maior e/ou crónico
2. Empoderamento de pacientes e cidadáns
3. Tecnoloxías da información e as telecomunicacións
4. Robótica e realidade virtual
5. Impacto do ambiente na estancia hospitalaria
6. Outros (Bioseguridade/ Novos materiais/ Alimentación/ Téxtil…)

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.