Como participar?

 
Quen pode participar?
  • as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais;
  • organismos de investigación como centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica ou universidades públicas.
 
Proxectos elixibles:
  • Iniciativas de carácter innovador xa sexa en produto/servizo, en procesos e/ou no modelo de negocio tanto no sector sanitario e biomédico como naqueles que sexan transversais ao sector saúde: alimentación, TIC, novos materiais e construción, electrónica e robótica.
  • Deberán ter a capacidade de xerar resultados con aplicación na sociedade; estes resultados deberán ter potencial comercial e xerar retornos, independentemente do prazo no que estes se produzan.
  • Deberán estar situados nun TRL7 ou superior (nivel de madurez da tecnoloxía).
 
Prazo de presentación das solicitudes
  • O prazo para a presentación de solicitudes comenzará o 14 de marzo 2020 e rematará o 15 de xuño de 2020.
 
Envía a túa solicitude
 
Normativa

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.