Innova MicroLab

Innova MicroLab xorde da necesidade de encarar un grave problema de saúde existente a nivel mundial como son as resistencias a antimicrobianos e evitar a posibilidade de que determinadas infeccións se convirtan en incontrolables por este motivo. A través da Compra Pública Innovadora preténdese desenvolver dúas plataformas tecnolóxicas totalmente automatizadas que redundan de maneira clara e directa na saúde dos cidadáns, centradas en dous retos:

  • Reto 1: o diagnóstico microbiolóxico ultrarrápido de patoloxías infecciosas.
  • Reto 2: o estudo da evolución do microbioma en pacientes con enfermidades metabólicas.

O proxecto conta cun orzamento de 5,7 M. euros financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia e Innovación.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.