Criopreservación e autotrasplante de tecido ovárico para a preservación da fertilidade en pacientes con procesos oncolóxicos o non oncolóxicos

A criopreservación é unha técnica que permite conxelar o tecido ovárico para trasplantalo de novo á paciente. Este é un contexto prometedor para todas aquelas pacientes con cancro ou outras enfermidades que poidan afectar á súa capacidade reprodutiva futura e que queira preservar a fertilidade. Sen embargo, a día de hoxe, os datos dispoñiibles sobre a súa seguridade e efectividade son moi limitados tanto en ninas como en mulleres adultas, e o custe do procedimento é elevado para poder respaldar a súa utilización de forma rutinaria. En caso de realizarse, debe ser en centros altamente especializados, que dispoñan dun equipo multidisciplinar formado e capacitado específicamente na técnica.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.