Denervación simpática renal no tratamento da hipertensión arterial resistente

A hipertensión arterial resistente, caracterizada pola presión arterial alta incluso con tratamento óptimo, levou a considerar a denervación simpática renal como opción terapéutica. Con todo, os resultados achegados nesta revisión sistemática non suxieren que a denervación renal diminúa significativamente a presión arterial aos 6 meses, tampouco parece cambiar o risco de hipertrofia ventricular esquerda e non se observa unha diminución do tratamento antihipertensivo. Neste momento, a denervación renal non supera ao tratamento antihipertensivo optimizado a curto prazo. A largo prazo, a súa superioridade é incerta por falta de estudos.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.