Co obxectivo de garantir os dereitos dos cidadáns e contribuir á sustentabilidade financieira do Sistema Público de Saude de Galicia, é imprescindible que a toma de decisións sobre a introdución, difusión e utilización das tecnoloxías sanitarias se realíce da maneira máis obxectiva posible, utilizando criterios de eficacia, efectividade e seguridade demostradas cientificamente.
Neste contexto, a Unidade de Asesoramento Científico-técnico, Avalia-t, realiza un labor fundamental para promover o desenvolvemento racional das tecnoloxías. É a unidade responsable de avaliar a información científica dispoñible sobre a eficacia, efectividade, seguridade e eficiencia das tecnoloxías sanitarias e valorar o seu impacto sanitario, organizativo, económico e social.
O principal obxectivo da avaliación de tecnoloxías sanitarias é axudar á toma de decisións no ámbito sanitario, achegando información cun alto nivel de calidade científica nunha linguaxe comprensible, a distintos niveis: grupos profesionais, órganos xestores e poboación xeral.
Cales son as función de Avalia-t?
Seleccionar as tecnoloxías sanitarias, novas ou en uso, susceptibles de avaliación, pola súa repercusión.
Deseñar estudos específicos de investigación en avaliación de tecnoloxías.
Promover a investigación especificamente dirixida a obter a información necesaria para a avaliación de tecnoloxías fomentando a colaboración entre as universidades, os centros, unidades de investigación, as empresas e outras institucións.
Analizar e revisar a información científica relacionada coa avaliación das tecnoloxías sanitarias e a súa difusión entre os profesionais e os servizos sanitarios.
Analizar a difusión e os patróns de utilización das tecnoloxías médicas de maior impacto, en termos de saúde ou económicos, no sistema sanitario, principalmente en relación coa súa accesibilidade, demanda potencial e utilización apropiada.
Promover a utilización apropiada das tecnoloxías médicas mediante deseño, elaboración e difusión de guías de práctica clínica, recomendacións e participación na aplicación das tecnoloxías sanitarias, nos distintos enfoques: prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación.
Colaborar e participar asesorando na creación e desenvolvemento de programas de avaliación de tecnoloxías sanitarias, nos diferentes niveis de decisión.
Recomendar o desenvolvemento de sistemas de información dirixidos a obter a documentación necesaria para a avaliación de tecnoloxías.
Contacta connosco
Teléfono: (00 34) 881 548 610
Correo: Avalia_t.acis@sergas.es
Equipo:
Xefatura de servizo:
María José Faraldo Vallés
Técnicas/os:
Emilia Balboa Beltrán
Paula Cantero Muñóz
Patricia Gómez Salgado
Ignacio José López Loureiro
María del Carmen Maceira Rozas
Ewa Pawlowska Pawlowska
Lucinda Paz Valiñas
Janet Puñal Riobóo
Yolanda Triñanes Pego
Ana María Vázquez Castelo
Documentalistas:
Beatriz Casal Acción
Teresa Mejuto Martí
Secretaría:
Noa Raña Villar
Cristina Rey Varela
Ademais do equipo de traballo, Avalia-t conta cun importante e crecente número de profesionais que colaboran participando en diferentes grupos de traballo como expertos, investigadores asociados, revisores externos ou integrando a Rede de Detección de Tecnoloxías Sanitarias Novas e Emerxentes.