Estamos traballando en

Pl​an estratéxico da RedETS.​

A avaliación de tecnoloxías sanitarias é a ferramenta que mide o valor das intervencións, tratamentos ou procedementos que os servizos de saúde proporcionan aos pacientes. A Rede Española de Avaliación de Tecnoloxías (RedETS) é o principal órgano de asesoramento científico-técnico sobre tecnoloxías non farmacolóxicas do Sistema Nacional de Saúde. 

Consulta e comenta sobre o seu plan estratéxico para os próximos tres anos para que este plan inclúa todas as opinións e perspectivas posibles de profesionais, pacientes, xestores, desarrolladores de tecnoloxías ou calquera cidadán que queira achegar os seus comentarios. O prazo para achegas remata o próximo 17 de xuño. Consulta aquí toda a documentación: https://redets.sanidad.gob.es/Consulta_publica/Consulta_Publica.htm​

IX Xornadas RedETS 2022. RedETS en camiño. Consulta o programa aquí.

Consellería de Sanidade.

Proxectos en desenvolvemento a pedimento da Comisión Asesora (CA) para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías ou Procedementos á carteira de servizos do sistema sanitario público de Galicia; da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria (DA), e doutros peticionarios (outros).

  • Efectividad y seguridad del dispositivo reductor de flujo de seno coronario en el tratamiento de la angina refractaria. ​[En proceso]
  • Sistema de navegación virtual estereotáctica para punción percutánea e ablación tumoral. (Proxecto incorporado ao plan de traballo da RedETS). [En proceso]​

Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías (RedETS).

Proxectos en elaboración dentro dos plans anuais de traballo da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías e Prestacións do SNS (RedETS), financiados polo Ministerio de Sanidade.

  • ​​Revisión da Guía de Práctica Clínica sobre o manexo da Depresión no adulto (2014) do Programa de GPC no SNS. [Próxima publicación]
  • Telemonitorización invasiva de presións pulmonares en pacientes con insuficiencia cardíaca. [Próxima publicación]
  • Avaliación do programa de tamizaxe do cancro de pulmón. [Próxima publicación]
  • Ferramentas para a detección precoz do malestar emocional en persoas adultas con cancro. [En proceso]
  • Eficacia e seguridade das técnicas de liberación emocional para o tratamento de ansiedade, depresión e trastorno de estrés postraumático. [En proceso]
  • Criopreservación e autotrasplante de tecido ovárico para a preservación da fertilidade en pacientes con procesos oncolóxicos ou non oncolóxicos. [En proceso]
  • Denervación simpática renal no tratamento da hipertensión arterial resistente. [En proceso]
  • Inserción de catéter PICC ecoguiado mediante sistema de posicionamento de punta de catéter con navegación e localización da punta de frecha. [En proceso]
  • Efectividade e seguridade de la cirurxía ortopédica robótica para realizar artroplastias de xeonllo e cadeira. [En proceso]
  • Protocolo do estudo de monitoraxe: Dispositivos de asistencia ventricular esquerda (DAVI) en terapia de destino. [En proceso]
  • Utilización da Membrana de Osixenación Extracorpórea (ECMO) para a reanimación de pacientes con parada cardíaca. [En proceso]
  • Broncoscopia Navegacional Electromagnética: utilidade na marcaxe e extirpación de nódulos pulmonares. [En proceso]
  • Broncoscopia Navegacional Electromagnética con ou sen asistencia robótica: utilidade no diagnóstico de nódulos pulmonares. [En proceso]​​
  • Utilidade da biopsia líquida no manexo del cancro colorectal en estadios I-IV. [En proceso]
  • Seguridad de la utilización de los clips de polímero no reabsorbibles en la nefrectomía laparoscópica de donante vivo. [En proceso]
  • Revisión sistemática da efectividade e seguridade da faloplastia como cirurxía xenital masculinizante. [En proceso]


*Planeado: Protocolo realizado
*En proceso: Informe en desenvolvemento
*Próxima publicación: Informe en maquetación
​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.