1. Centros e unidades docentes acreditados en Galicia

A formación sanitaria especializada desenvólvese en centros e unidades acreditadas para o efecto. O proceso de acreditación de centros, unidades e dispositivos docentes iníciase nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e/ou Consellería de Sanidade, pasa a Axencia de Coñecemento en Saúde, órgano competente da Comunidade Autónoma en formación sanitaria especializada que, unha vez validada, a envía para a súa tramitación ao Ministerio de Sanidade.
 
Prazo de presentación de solicitudes de acreditación:
  • Do 1 de novembro de 2019 ao 15 de xuño de 2020.

En Galicia existen os seguintes centros e unidades docentes acreditados:

Unidades docentes de titularidade autonómica:
  • Unidade Docente de Medicina Preventiva e Saúde Pública de Galicia.
  • Unidade Docente de Medicina do Traballo de Galicia.
  • Unidade Docente de Galicia de Enfermería Obstétrico-Xinecolóxica.
Centros e unidades docentes adscritos ás áreas sanitarias:

Centros e unidades docentes de titularidade privada:

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.