EIP on AHA Twinning 2022 - Galicia & Porto (Portugal)

Galicia acadou, xunto coa rexión de Porto (Portugal), unha das iniciativas de irmandade da European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing EIP on AHA (coñecida como “Twinnings”), que financia a Comisión Europea, e que serven para levar a cabo actividades de intercambio de coñecemento.

A actividade basease no intercambio de coñecemento no eido dos living labs en saúde. Así, os irmáns de Portugal coñeceron o funcionamento do living lab de saúde do Hospital Universitario de Ourense do Servizo Galego de Saúde, e os profesionais do Hospital de Ourense e da ACIS coñeceron o Centro de Investigação, Diagnóstico, Formação e Acompanhamento das Demências (CIDIFAD).

Grazas á iniciativa Twinnings o grupo de traballo formado por Galicia e Porto levaron a cabo accións conxuntas, reunións e transferencia de coñecemento en torno aos living labs de saúde.

Rexións participantes:

  • Galicia: Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras do Servizo Galego de Saúde & Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)
  • Porto (Portugal): Centro de Investigação, Diagnóstico, Formação e Acompanhamento das Demências (CIDIFAD)

Orzamento: 5.000 euros

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.