3. Estruturas en rede

A nivel galego, existen varias estruturas que traballan en rede para dar apoio aos investigadores do noso sistema de saúde, como son os biobancos ou a Rede Galega de Comités de Ética da Investigación.

A nivel estatal, creáronse os Centros de Investigación Biomédica en Rede (CIBER) como estruturas estables de investigación cooperativa. Están formados por consorcios con personalidade xurídica propia e sen contigüidade física que teñen por obxectivo a investigación monográfica sobre unha patoloxía ou un problema de saúde determinado.

Dende xaneiro de 2014, estrutúranse en dous consorcios:


Estes consorcios, que incorporan a grupos de investigación de toda España, contan coa participación de varios grupos do Sergas. A través da concentración de esforzos e recursos, os seus investigadores traballan en rede explotando as sinerxías baixo un marco organizativo común, co obxectivo de acadar as metas establecidas polos organismos estatais con competencias en investigación.

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.