9. Sistema de diagnóstico asistido por computador

Deseño e implantación dunha plataforma que concentre a xestión dos servizos de diagnóstico asistido por ordenador (CAD) sobre imaxe médica para o acceso a algoritmos propios e/ou comerciais.

O obxectivo é mellorar a produtividade e a calidade das tarefas diagnósticas do facultativo e facilitar a implantación e a escalabilidade destes servizos.

As probas piloto foron realizadas na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.