1. InnovaSaúde

InnovaSaúde é un plan de innovación sanitaria centrado no desenvolvemento de solucións avanzadas para necesidades asistenciais actuais e futuras. Activado a través dun proceso de compra pública innovadora cofinanciado con fondos FEDER, rematou en 2015 co resultado de 14 proxectos.

Micro_2-InnovaSaude_GA_810x188.png 

Retos. Os retos asociados a InnovaSaúde estrutúranse en torno a tres grandes eixos:
  1. Asistencia sanitaria centrada no paciente: desenvolvemento de novas ferramentas deslocalizadas (teleasistencia, telemonitorización, portais web 2.0 para pacientes, etc.) que axuden a evitar os episodios de agravamento das doenzas crónicas. Deste xeito, redúcese a necesidade de servizos baseados na hospitalización e ao mesmo tempo auméntase a comunicación e a accesibilidade de cara os pacientes.
  2. Atención sanitaria segura e áxil: desenvolvemento de novas solucións tecnolóxicas para minimizar as posibilidades de erro humano por parte dos profesionais, incrementando así a seguridade do paciente.
  3. Atención sanitaria intelixente: cambio de estrutura dos servizos asistenciais para mellorar a eficiencia á hora de satisfacer as necesidades dos pacientes, asegurando unha excelente prestación de servizos da máxima calidade.

Proxectos. Os proxectos resultantes dan resposta a estes retos a través de solucións avanzadas axustadas ás necesidades reais do sistema:

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.