9. Preservación da información clínica

Desenvolvemento dun sistema que garanta a conservación da información clínica baixo criterios de seguridade e eficiencia, cos seguintes obxectivos:
  • Optimización do ciclo de vida da información para mellorar o seu rendemento e diminuír o custo e o espazo de almacenamento.
  • Mellora dos sistemas de copias de seguridade para reducir o custo de almacenamento e os tempos de copia e recuperación.
  • Automatización de servizos e garantía de continuidade da información, replicándoa xeograficamente para evitar perdas.
  • Deseño de solucións que garantan a non alteración da información.

As probas piloto foron realizadas nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de Santiago e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.