2. H2050

Hospital 2050 (H2050) é un plan de innovación sanitaria centrado no desenvolvemento de tecnoloxías capaces de dar vida ao hospital do futuro. Activado a través dun proceso de compra pública innovadora cofinanciado con  fondos FEDER, rematou en 2015 co resultado de 9 proxectos.

Micro_3-H2050_GA_810x188.png 

Retos. Os retos asociados a H2050 estrutúranse arredor de tres grandes eixes:
  1. Hospital seguro: Desenvolvemento de solucións que garantan a seguridade do paciente e a súa confianza nos coidados sanitarios recibidos, así como a seguridade dos xestores e profesionais na prestación dunha asistencia eficiente.
  2. Hospital verde: Programas de uso eficiente de auga e enerxía, xestión integral de refugallos sólidos e líquidos e manexo axeitado de substancias químicas, garantindo o cumprimento da normativa ambiental e sanitaria vixente.
  3. Hospital sustentable e eficiente: Ferramentas tecnolóxicas para a diminución de riscos ambientais e ocupacionais, a educación ambiental, a seguridade, a calidade na atención ao paciente, a redución de custos, a diminución do consumo de enerxía, a mellora da loxística e o aumento da produtividade.

Proxectos. Os proxectos resultantes serán obxecto dunha demostración física a escala na nova área do Complexo Hospitalario de Ourense, pertencente ao Sergas, con base nun novo modelo funcional centrado no paciente e cun enfoque de asistencia aberta e participativa:

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.