8. Hospital dixital seguro

Desenvolvemento de solucións tecnolóxicas capaces de optimizar a xestión na contorna hospitalaria con base en utilidades dixitais:
  • Elaboración dunha base metodolóxica sólida de xestión integral da seguridade da información, apoiada nun sistema de xestión da calidade no eido das tecnoloxías da información que garanta uns resultados previsibles e comparables.
  • Creación dun laboratorio de seguridade da información que permita unha visión innovadora e unha áxil adopción de mellores prácticas importadas de outros ámbitos de actividade.
  • Implantación dun sistema integral de xestión de dereitos e solicitudes no eido da Lei orgánica de protección de datos (LOPD 2.0).
  • Melloras no Dispositivo del Botón de Alerta (ACUDE) por parte dos profesionais en caso de agresión.

As probas piloto repartíronse por paquetes de traballo en centros das 7 Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de Galicia.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.