8. Central de simulación médica avanzada

Desenvolvemento dunha contorna de traballo dotada de software e simuladores robóticos de paciente altamente sofisticados, que permitan o adestramento dos profesionais sanitarios.

O obxectivo é a adquisición de novas habilidades e competencias e a realización de prácticas con pacientes non reais antes da súa aplicación no escenario asistencial real, minimizando así o risco de cometer erros. O sistema permite centralizar a programación das actividades formativas e os seus resultados.

As probas piloto foron realizadas nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo e Lugo-Monforte-Cervo.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.