7. Sistema intelixente de alertas multinivel

Desenvolvemento dun sistema único que centraliza todas as alertas relacionadas con resultados de probas ou episodios problemáticos detectados en pacientes.

Está dotado dunha clasificación automática de gravidade e dun escalado de alerta no caso de que non fora atendida polo primeiro conxunto de destinatarios. Ademais de comunicar a alerta segundo o medio máis axeitado en cada caso (IANUS, aplicación de enfermería Gacela, email, teléfono...), proporciona accións recomendadas de resposta a cada alerta.

As probas piloto foron realizadas na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de A Coruña.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.