7. Hospitalización innovadora

Construción dunha infraestrutura física experimental con funcións de planta de hospitalización e coas características necesarias para que sexa utilizado como living lab.

Inclúe a construción de escenarios clínicos, plantas de hospitalización, salas de espera e controis de enfermería con gran desenvolvemento tecnolóxico, de xeito que permitan desenvolver neles contornas living lab nas que testar dunha forma sistemática a experiencia do usuario. A intención é utilizar estes escenarios para validar os resultados de diferentes proxectos de innovación sanitaria.

As probas piloto foron realizadas nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de Santiago, Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras e Lugo-Cervo-Monforte.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.