6. Paciente experto 2.0. E-Saúde

Construción dunha nova plataforma de servizos e contidos personalizada, orientada a cidadáns (enfermos e sans) e coas seguintes funcionalidades:
  • Punto de encontro único entre o cidadán e o Sergas no ámbito virtual.
  • Servizos: historia clínica, historial farmacolóxico, tarxeta sanitaria, etc.
  • Contidos e servizos personalizados.
  • Integrado coa plataforma de fogar dixital asistencial.
  • Posibilidade de creación de comunidades virtuais de pacientes.
  • Integración con servizos de comunicación.
  • Accesible dende múltiples dispositivos.
  • Alto grao de seguridade.

As probas piloto foron realizadas na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ferrol.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.