6. Habitación intelixente

Deseño de solucións avanzadas para mellora a monitorización dos pacientes hospitalizados a través de:
  • A toma de constantes automatizadas, o que se traduce na optimización do tempo de dedicación do persoal e na mellora da seguridade dos datos rexistrados.
  • A utilización de sistemas de comunicación bidireccionais co paciente, mellorando así a súa seguridade e confort e os tempos de resposta.
  • A minimización de erros na medicación, a realización de probas, a aplicación de técnicas e procedementos, etc.

As probas piloto foron realizadas nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de Santiago, Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras e Lugo-Cervo-Monforte.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.