5. Novo HIS 2050- Sistema Integral de Xestión de Pacientes

Desenvolvemento dun sistema de integración da asistencia independentemente de onde se produza (Atención Primaria, Atención Hospitalaria, Atención Sociosanitaria ou Saúde Pública) e da información (tanto asistencial como de recursos humanos e recursos físicos e tecnolóxicos).

Coa implantación desta ferramenta, o Sergas busca:
  • Proporcionar ao paciente toda a información e mecanismos necesarios para o seguimento do seu proceso.
  • Facilitar que os profesionais dispoñan de información da traxectoria asistencial dun paciente e dos procesos corporativos.
  • Garantir que os procesos de atención se realicen no tempo e forma e aceleralos cando sexa preciso.
  • Reducir os custos directos e indirectos a través da reorganización áxil dos servizos, a simplificación de procesos, a coordinación de actividades concatenadas, a comunicación áxil dos profesionais ou o uso eficiente do seu tempo e os medios tecnolóxicos.
  • Informar aos diferentes niveis de decisión do grao de consecución dos obxectivos, a través dun sistema de indicadores.

As probas piloto foron realizadas na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.​
 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.