5. Fogar dixital

Desenvolvemento de servizos que achegan ao fogar do paciente todos os servizos que é posible ofertar a distancia grazas ás novas tecnoloxías.

O obxectivo das ferramentas deseñadas é mellorar a calidade asistencial á vez que se facilita a experiencia ao paciente levando directamente ao seu fogar:

  • Actividades asistenciais nas que a presenza do paciente non proporciona valor clínico.
  • Tarefas administrativas e trámites burocráticos que viñan esixindo o desprazamento dos pacientes e que supoñen consumo de tempo para os profesionais.
  • Apoios domiciliarios de coidados que se poden prestar de xeito non presencial.
  • Información que se pode resolver sen contactar co seu médico ou enfermeira.

As probas piloto foron realizadas nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de A Coruña e Lugo-Monforte-Cervo.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.