4. Teleasistencia multiespecialidade

Deseño e posta en marcha dunha plataforma que permite a xestión integral da comunicación entre profesionais que traballan co paciente.

O resultado é unha ferramenta informática de uso intuitivo que cobre as necesidades de comunicación entre profesionais de diferentes niveis e estruturas asistenciais: hospitais, centros de saúde, PAC ou 061. Adaptada á plataforma do Sergas, permite realizar e-interconsultas entre atención primaria e especializada. Actualmente atópase en desenvolvemento unha plataforma de videoconferencia entre paciente e profesional.

As probas piloto foron realizadas nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de A Coruña, Vigo e Lugo-Monforte-Cervo.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.