4. Hospital autosostible

Deseño do modelo de xeración enerxética idóneo para un hospital, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e a diminución de consumos.

O sistema contempla:
  • Pulo do uso e integración viable de enerxías renovables como a biomasa.
  • Fomento de sistemas de almacenamento e óptima xestión automatizada de recursos.
  • Optimización do retorno de investimento neste tipo de actuacións.
  • Incorporación das últimas innovacións tecnolóxicas do mercado, para liderar un novo rol proactivo dende o eido sanitario.

As probas piloto foron realizadas na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.